- Excelente disposición de todos os socios para continuar coa colaboración e o traballo conxunto, xa iniciado no ano 2015 co Poctep Risc_ML
- Proxecto aprobado polo Comité de Seguimento do POCTEP 2021-2027 como Operación de Importancia Estratéxica
A primeira reunión presencial dos socios do Proxecto Risc_Plus tivo lugar na sede do APA no Porto, marca a continuación do camiño a través do que se avanza na resiliencia fronte aos riscos de inundacións e secas nas concas internacionais dos ríos Miño e Limia, derivados do cambio climático.
Un dos aspectos destacados da reunión foi a excelente disposición de todos os socios para continuar coa colaboración e o traballo en conxunto xa iniciado no ano 2015. Desde o inicio, evidenciouse un espírito de cooperación que sentou as bases para unha colaboración efectiva no futuro.
Durante a xornada, ademais de abordar as ferramentas e aspectos a considerar para a efectiva xestión do proxecto, discutíronse e delineáronse as actividades a curto, medio e longo prazo do Proxecto Risc_Plus, así como as estratexias e o horizonte temporal para alcanzalos. Ademais, informouse que o Comité de Seguimento do POCTEP 2021-2027, na súa reunión do 29 de novembro de 2023 en Monfragüe, aprobou considerar ao proxecto 0031_RISC_PLUS_6_E como unha operación de importancia estratéxica. Este respaldo reforza aínda máis o compromiso e a relevancia do proxecto no programa para este novo horizonte temporal.
A diversidade de perspectivas e a ampla bagaxe de coñecementos conseguidos co anterior Poctep Risc_ML subliñan a forza e a capacidade do consorcio para abordar os desafíos complexos asociados co cambio climático e a xestión dos recursos hídricos na rexión.