- O investimento estimado supera os 44.000 euros, financiada a través do proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS
- Supón unha ampliación do sistema automático de información hidrolóxica que posibilita unha mellor xestión #ante fenómenos extremos
- Na actualidade a demarcación do Miño-Sil dispón de 116 estacións
Ourense, 13 de setembro de 2024– A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) ampla a súa rede de Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Quiroga ao seu paso polo municipio lucense de Quiroga.
Estas actuacións supoñen un investimento estimado de 44.000 euros e enmárcase dentro do proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VIN A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027., financiada a través do proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS
Neste momento están a executarse os traballos necesarios para a súa posta en funcionamento, consistente na obra civil, a instalación da instrumentación para monitorizar o nivel da auga no leito, a pluviosidade ou a temperatura ambiente, así como o sistema de adquisición e tratamento dos datos rexistrados destas variables no novo punto de control, datos que se transmitirán cada cinco minutos ao Centro de Control de conca (CECU), situado en Ourense.
A nova estación ampla o número de puntos de control da Rede SAIH da CHMS que actualmente conta con 116 estacións, que permiten recoller e transmitir os datos en tempo real das variables hidrometeorológicas, tales como caudal nos ríos, volume almacenado nos encoros, nivel das augas, precipitación ou temperatura, con actualizacións cincominutales.
A instalación destes sistemas avanzados de control non só optimizará a monitorización en tempo real das condicións hidrometeorológicas, mellorando o coñecemento da demarcación hidrográfica, senón que tamén contribuirá á protección do medio ambiente e da poboación e os seus bens.
O acceso aos datos precisos e en tempo real que proporciona a Rede SAIH, permite ás autoridades competentes tomar mellores decisións, anticipándose mediante a prevención, preparación e protección, para os efectos dos fenómenos extremos como as inundacións e secas.