Política de privacidade

A través desta páxina web non se solicitan datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros.

A páxina web risc-plus.eu pode conter ligazóns a sitios web de terceiros, cuxas políticas de privacidade son alleas á de risc-plus.eu. Ao acceder a tales páxinas web, o usuario pode decidir se aceptar as súas políticas de privacidade e de cookies. Con carácter xeral, se navega por internet vostede pode aceptar ou rexeitar as cookies de terceiros desde as opcións de configuración do seu navegador.

Responsable do tratamento

Os datos de carácter persoal que se puidesen solicitar directamente do usuario serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade de Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O. A.

Finalidade do tratamento

A finalidade do sitio web é a de informar dos produtos e servizos relacionados coa súa actividade empresarial. O usuario consente expresamente que os seus datos persoais sexan tratados para a remisión de información de carácter comercial por vía electrónica (Por exemplo: correo electrónico, redes sociais… etc.).

Lexitimación do tratamento

O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento da relación contractual entre o usuario rexistrado e o titular desta páxina web, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimento, para o que se habilitaron os correspondentes formularios, que haberá de ser prestado mediante unha clara acción afirmativa (Por exemplo, mediante a aceptación da casa correspondente á política de privacidade).

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados polos usuarios, xa sexa a través dos formularios de contacto ou a través do rexistro de usuarios na páxina web, conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obrigación legal.

Tratamento de datos de menores

As persoas maiores de 16 anos poderán prestar validamente o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais a través desta páxina web. O tratamento de datos de persoas menores de 16 anos necesitará o consentimento dos seus pais ou titores legais, cuestión que haberá de manifestarse nos formularios de contacto.

Dereitos dos interesados

Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación do tratamento e portabilidad dos seus datos, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos. Para exercer os seus dereitos, poderá dirixirse ao correo electrónico: contacto@chminosil.es