Principais resultados
A1: Coñecemento da Bacía
- Maior Coñecemento: Información detallada sobre as distintas variables asociadas ao ciclo hidrolóxico, cuantificando o impacto do cambio climático nos recursos hídricos en escenarios futuros a curto, medio e longo prazo, obténdose patróns de comportamento futuros.
- Novas Estacións: 17 novas estacións de control, incluíndo 10 hidrométricas, 5 estacións meteorolóxicas e 2 de calidade da auga.
A3: Análise de Inundacións
- Mellora no Coñecemento: Profundando na comprensión dos efectos do cambio climático nas inundacións futuras.
- Melloras nos sistemas de axuda á decisión e predición: Perfeccionando os sistemas de alerta temperá fronte a inundacións, incluíndo a integración nos sistemas automáticos dos organismos de bacía.
A2: Análise de Secas
- Ferramentas para facilitar a Toma de Decisións: Novas ferramentas para a prevención dos impactos provocados pola seca prolongada e a escaseza conxuntural.
- Sistema de diagnóstico: Establecemento dun sistema común de diagnóstico transfronteirizo dos escenarios de seca e escaseza conxuntural, baseado en índices de estado e indicadores hidrometeorológicos.
A4: Mitigación e Adaptación do Impacto Socioeconómico
- Mellora do Coñecemento: Ampliando a comprensión do impacto de inundacións e secas na poboación, ecosistemas e sectores socioeconómicos.
- Programa de Medidas: Elaborando un programa de medidas para a mitigación, adaptación e incremento da resiliencia fronte a fenómenos extremos e o seu impacto socioeconómico.
- Avaliación Socioeconómica: Realizando unha avaliación do impacto socioeconómico, a través dun análise custo/beneficio das medidas antes sinaladas.