Principios Horizontais

O proxecto RISC_PLUS desde a súa fase de deseño ata a implementación actual, #ver por que as accións do proxecto garantan en todo momento o cumprimento dos principios horizontais e as políticas comunitarias en materia de igualdade de oportunidades e non discriminación, igualdade entre mulleres e homes e desenvolvemento sostible, recollidas no Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013; concretamente, no seu artigo 7, establécese que “os Estados membros e a Comisión tomarán as medidas oportunas para evitar calquera discriminación por razón de sexo, raza ou orixe étnico, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual durante a preparación e execución dos programas”.

Desenvolvemento sostible

Tal e como dispoñen as diferentes estratexias e políticas da UE, o proxecto RISC_PLUS, contribuirá a preservar o patrimonio natural mediante o deseño dun conxunto de medidas orientadas a obter un maior coñecemento do medio hídrico e cartográfico e do establecemento de mecanismos de actuación e prevención con respecto aos fenómenos extremos -secas, incendios e inundacións-, co obxectivo de mitigar os efectos dos mesmos no medio ambiente.

Igualdade entre homes e mulleres

Aínda que pola propia temática do proxecto non existan accións concretas de fomento da igualdade entre homes e mulleres, cabe mencionar que o proxecto asegurará a igualdade de oportunidades e, por tanto, a non discriminación por discapacidade, raza, relixión, orientación sexual etc., nos procesos de contratación que se realicen ao longo do período de execución. Este principio imperará, tanto no que respecta a as contratacións de persoal que se realicen no seo de cada unha das entidades socias, como nos pregos de condicións correspondentes á contratación de servizos ou expertos externos.

Igualdade de oportunidades e non discriminación

Do mesmo xeito que no contexto da igualdade de oportunidades, o proxecto garantirá tamén a igualdade entre homes e mulleres e, por tanto, a non discriminación por razón de sexo. Por iso, como así se especificou no apartado anterior, os procedementos de contratación de persoal que puidesen levar a cabo os socios do proxecto así como os de servizos e expertos externos respectarán en todo momento a igualdade entre homes e mulleres garantindo a total imparcialidade na materia.