- O consorcio realizou unha análise das actividades en curso e a planificación das futuras accións do proxecto e a súa comunicación
- As obras nas estacións do río Narla en Friol (Lugo) e do río Quiroga (Lugo), atópanse na fase de finalización
- A parte estratéxica asociada á metodoloxía para o Plan de Sequera do Miño-Sil, a optimización dos sistemas MIDAS, e a avaliación do impacto socioeconómico continúa avanzando de forma significativa
Porto, 03 de outubro de 2024 – O proxecto POCTEP RISC_PLUS, centrado na prevención e preparación para afrontar riscos de inundacións e sequías nas conca dos ríos Miño e Limia, celebrou a súa terceira reunión de traballo na Faculdade de Enxeñaría da Universidade do Porto (FEUP). Durante o encontro, os socios abordaron temas clave para a xestión coordinada do proxecto, así como os avances nas diferentes actividades e as necesidades a futuro para dar continuidade ás mesmas e avanzar nas novas liñas do proxecto.
Os socios fixeron un repaso das accións realizadas por cada un dos integrantes, como, no caso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), que está a traballar de forma significativa na ampliación da rede do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH). Tamén destacaron, entre outras accións, as obras nas estacións do río Narla en Friol (Lugo) e do río Quiroga en Quiroga (Lugo), que se atopan na fase de finalización, para dar paso ás inminentes obras no río Tamuxe en O Rosal (Pontevedra) e ao arranque da nova estación no río Lobios en Lobios (Ourense).
Pola súa parte, a Faculdade de Enxeñaría da Universidade do Porto (FEUP) expuxo a súa metodoloxía para o Plan de Sequera do Miño-Sil, na que se comparan os efectos da sequía prolongada en áreas portuguesas e españolas, e presentou as súas próximas accións, como traballar no axuste dos limiares de sequía prolongada e escaseza coas particularidades das conca portuguesas, ou o estudo enfocado na mellora das predicións de eventos extremos a través da análise da relación entre a sequía e as condicións sinópticas.
En canto ás actividades que atinxen á Universidade de Vigo, continúa traballando activamente na optimización dos sistemas MIDAS para mellorar a precisión nas alertas temperás, e pola súa parte, a Axencia Portuguesa de Ambiente (APA) avanza na avaliación do impacto socioeconómico dos fenómenos extremos.
A reunión finalizou cun renovado compromiso do consorcio en seguir avanzando de forma conxunta nas accións do proxecto, colaborando activamente entre as diferentes entidades para a prevención de fenómenos extremos nas conca dos ríos Miño e Limia.