- A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) ampliou a súa rede de control hidrolóxico coa instalación dunha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Tremor
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) ampliou a súa rede de control hidrolóxico coa instalación dunha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Tremor, á altura do concello de Torre del Bierzo. A actuación forma parte do proxecto europeo RISC_PLUS, orientado a mellorar a prevención e resposta fronte a fenómenos hidrolóxicos extremos.
Os traballos para habilitar este novo punto de control executáronse durante os meses de verán. A estación incorpora instrumentación de última xeración capaz de medir en tempo real o nivel do río, a pluviosidade e a temperatura ambiente. Toda a información rexistrada envíase cada cinco minutos ao Centro de Control de Cunca (CECU) da CHMS, en Ourense, proporcionando datos precisos e continuos ante posibles episodios de crecidas ou situacións de escaseza de auga.

O acceso a datos en tempo real a través da Rede SAIH facilita que as autoridades poidan anticiparse aos efectos de episodios extremos, reforzando as medidas de prevención, preparación e protección, e contribuíndo tanto para a seguridade da poboación como para a conservación do medio ambiente.
Con esta nova infraestrutura, a CHMS continúa a impulsar o fortalecemento dos sistemas de alerta temperá e a xestión sustentable da auga na bacía, aliñándose cos obxectivos do RISC_PLUS.
“O proxecto RISC_PLUS, cofinanciado polo programa europeo Interreg España–Portugal (POCTEP) 2021–2027, aposta por solucións baseadas no coñecemento científico, na cooperación transfronteiriza e na innovación tecnolóxica para garantir unha xestión eficiente e sustentable da auga nun escenario marcado polo cambio climático”, afirmou o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga.