No marco do proxecto internacional Risc_Plus, a APA convoca un concurso público para a instalación e rehabilitación de estacións hidrometeorolóxicas na Rexión Hidrográfica do Miño e Lima (RH1).
Tendo en conta a conxuntura económica actual e as variacións de prezos que se produciron no pasado recente, a APA realizou previamente unha consulta preliminar do mercado para calibrar os valores asociados a este investimento. Esta iniciativa pretende aumentar o número de sensores automáticos no territorio para responder á crecente necesidade de obter datos, información e coñecemento para dar unha resposta axeitada ao reto do cambio climático. O investimento previsto será duns 70 mil euros.
En total, esta acción implica 7 equipos: a instalación de 2 estacións hidrométricas completas, 2 estacións meteorolóxicas completas e a rehabilitación/modenización dos protocolos de comunicación de 3 estacións meteorolóxicas.
O proxecto RISC_PLUS ten como obxectivo deseñar medidas conxuntas entre Portugal e España para previr, prepararse, protexerse, prever e xestionar mellor fenómenos extremos como inundacións e secas e contaminación accidental, así como avaliar e combater os efectos do cambio climático no tramo internacional das concas dos ríos Miño e Lima.