Descubre Europa

Benvido a “Descubre Europa”, un espazo interactivo deseñado para fomentar o coñecemento sobre a Unión Europea, o coidado dos nosos ríos e o medio ambiente. Aquí poderás participar nun concurso creativo e gozar dunha variedade de xiros e actividades educativas.

Explora, xoga e aprende!

Concurso de Debuxo: "O meu río e eu"

Obxectivo do Concurso

O concurso ten como obxectivo sensibilizar aos nenos e nenas sobre a importancia dos ríos no seu contorno —como o Miño ou o Limia—, fomentando actitudes de respecto e coidado cara a estes ecosistemas. A través do debuxo, preténdese que o alumnado reflexione e exprese que representan para eles os ríos: como os imaxinan, como os disfrutan e como cren que debemos protexelos.

Esta iniciativa pretende reforzar os valores do proxecto POCTEP RISC\_PLUS en idades temperás, promovendo o coñecemento do patrimonio natural compartido entre España e Portugal. Ao mesmo tempo, búscase concienciar sobre os riscos asociados ao deterioro dos ríos, como a sequía ou a contaminación, e destacar a importancia da súa protección. Ao tratarse dunha actividade en territorio transfronteirizo, tamén se impulsa a cooperación de ambos países arredor dunha causa común: a auga como ben esencial.

Desta forma, o concurso anima ao alumnado a descubrir que a unión fai a forza, e que a Unión Europea é clave para avanzar cara a solucións conjuntas fronte aos desafíos do cambio climático, promovendo a colaboración entre territorios veciños desde as idades máis temperás.

As accións realizadas baixo o proxecto POCTEP RISC\_PLUS están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.

Categorías de Participación

Premios

Seleccionaranse un total de 4 debuxos gañadores.

O xurado estará constituído pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), a Agência Portuguesa do Ambiente (APA), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto (FEUP). Valorarase especialmente a creatividade, o mensaxe transmitido e a sensibilidade ambiental de cada obra.
Exposición e Publicación

Todos os debuxos presentados serán expostos durante o evento do 16 de maio e/ou publicados posteriormente na web do proxecto.

Envío de Debuxos

Os debuxos dixitalizados ou escaneados poderán enviarse por correo electrónico a:
risc_plus@chminosil.es

Nota: Co envío do debuxo, acéptase o tratamento dos datos persoais proporcionados exclusivamente para a xestión e desenvolvemento do concurso, conforme á normativa vixente en materia de protección de datos persoais.

Contacto e Máis Información

Se tes algunha dúbida sobre o concurso ou necesitas máis información, non dubides en contactarnos.

risc_plus@chminosil.es

Zona de Xogos e Actividades

Divírtete aprendendo sobre Europa! Aquí atoparás xogos interactivos e recursos educativos para todas as idades. Fai clic nos botóns correspondentes para xogar ou descargar.

ATA 9 ANOS

+ Recursos Educativos

Accede a máis materiais educativos sobre Europa. Aquí atoparás ligazóns a libros, vídeos e outros recursos interactivos que che axudarán a entender mellor a Unión Europea

DE 9 A 12 ANOS

+ Recursos Educativos

Accede a máis materiais educativos sobre Europa. Aquí atoparás ligazóns a libros, vídeos e outros recursos interactivos que che axudarán a entender mellor a Unión Europea

DE 12 A 15 ANOS

+ Recursos Educativos

Accede a máis materiais educativos sobre Europa. Aquí atoparás ligazóns a libros, vídeos e outros recursos interactivos que che axudarán a entender mellor a Unión Europea