- A APA culmina a execución de novas infraestruturas que refuerzan a capacidade de monitorización nas bacías do Miño e do Limia/Lima
- Os novos equipos permiten avanzar cara a modelos predictivos mais fiables e unha xestión do risco climático máis anticipativa
Ourense, 17 de novembro de 2025. A Agência Portuguesa do Ambiente (APA), socia do proxecto europeo RISC_PLUS, que lidera a CHMS, completou unha nova fase de instalación e modernización de estacións hidrometeorolóxicas nas bacías do río Miño e do río Lima. Esta actuación enmárcase na Actividade 1: Coñecemento da bacía, especificamente na acción mellora das redes de control e intercambio de información, un dos piares fundamentais do proxecto.
Os traballos permitiron ampliar e reforzar a rede de monitorización mediante a instalación de catro estacións completamente novas en:
- Cavada (Caminha)
- Cerdeira (Vila Nova de Cerveira)
- Merufe (Monção)
- Segude (Monção)
Ademais, procedeuse á actualización do equipamento e dos sistemas de teletransmisión doutras tres estacións existentes, pertencentes ao Sistema de Vixilancia e Alerta de Recursos Hídricos (SVARH) da APA, situadas en:
- Extremo (Arcos de Valdevez)
- Nogueira (Viana do Castelo)
- Vila Nova de Cerveira
Todas as estacións incorporan sensores e tecnoloxía de última xeración capaces de rexistrar en continuo parámetros clave como a precipitación, o caudal, a temperatura, a humidade ou o nivel da auga. Estes datos permitirán mellorar a precisión dos modelos hidrolóxicos e avanzar no desenvolvemento de sistemas de alerta temperá máis eficaces fronte a fenómenos extremos como inundacións e secas.
A instalación destas sete estacións supón un avance significativo na mellora do coñecemento hidrolóxico compartido e no fortalecemento da cooperación técnica entre España e Portugal nas bacías internacionais do Miño e do Limia/Lima.
Este proxecto, cofinanciado polo programa europeo Interreg España–Portugal (POCTEP) 2021–2027, aposta por solucións baseadas no coñecemento científico, a cooperación transfronteiriza e a innovación tecnolóxica, para garantir unha xestión eficiente e sostible da auga nun escenario marcado polo cambio climático.




