Faro de Vigo | A UVigo aposta pola educación ambiental para evitar inundacións e riscos climáticos

A Universidade de Vigo, a través do grupo de investigación Ephyslab, reforza a súa aposta pola educación ambiental e a xestión do risco climático no marco do proxecto europeo POCTEP RISC PLUS. Os investigadores Helena Barreiro, Diego Fernández e José González Cao impartiron unha charla no IES de Ponte Caldelas, para achegar ao alumnado ás claves do cambio climático e a súa repercusión nos fenómenos extremos, con especial atención ás inundacións.

Durante a sesión, explicaron a evolución destes fenómenos e presentaron o Sistema de Alerta Temprana, unha ferramenta innovadora desenvolvida no marco do proxecto RISC PLUS. Este sistema está deseñado para prever e mitigar os efectos das inundacións, mellorando a preparación e a resiliencia dos territorios afectados.

Fonte da noticia: