A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) finalizou a instalación dunha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Támoga, ao seu paso por Toiral, no municipio de Cospeito (Lugo).
A actuación enmárcase no proxecto europeo POCTEP RISC_PLUS, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España-Portugal 2021-2027.
Este novo punto de control hidrolóxico, que incorpora obra civil específica, un sensor radar para a monitoraxe continua do nivel da auga no leito, así como equipos para rexistrar a pluviosidade e a temperatura ambiente.
A estación inclúe ademais un sistema de adquisición e tratamento de datos que envía a información rexistrada cada cinco minutos ao Centro de Control de Cuenca (CECU), situado en Ourense.
Cun investimento aproximado de 47.000 euros, esta actuación reforza a capacidade de observación en tempo real na demarcación hidrográfica do Miño-Sil, o que mellora a resposta a fenómenos extremos como inundacións ou secas.
