POCTEP resalta a Importancia de Risc_ Plus no Día Mundial do Medio como proxecto de prevención de riscos

Día Mundial del Medio Ambiente

RISC PLUS – Resiliencia fronte a Riscos de Inundacións e Secas derivados do impacto do Cambio Climático nas Concas Internacionais dos ríos Miño e Limia: Prevención, Preparación e Dixitalización

 

RISC_PLUS focaliza os seus obxectivos en ampliar e mellorar os resultados do proxecto RISC_ML, aprobado no marco do POCTEP 2014-2020, para a demarcación internacional Miño – Limia. Entre estes resultados destacan o incremento de puntos de control das redes automáticas de información hidrolóxica e de calidade, novos índices de seca, un inventario de recursos hídricos e o impacto dos mesmos polo cambio climático, un plan especial de seca conxunto, a mellora dos Sistemas de Axuda á Decisión e o desenvolvemento dunha versión beta dun sistema de alerta temperá fronte a inundacións, a mellora dos sistemas de adquisición e tratamento de datos, entre outros.

O principal obxectivo do presente proxecto é seguir avanzando, mellorando a resiliencia fronte ao cambio climático, cara a un plan hidrolóxico único para a demarcación internacional conforme á Directiva Marco da Auga.

As accións planificadas pasan pola prevención, preparación e unha mellor xestión fronte aos riscos das inundacións e secas derivados do impacto do cambio climático nas concas internacionais dos ríos Miño e Limia, ao tempo que se avanza na elaboración dun plan hidrolóxico conxunto conforme ao artigo 13.2 da Directiva Marco da Auga.

Fonte da noticia: